Marco de traballo

Ao adoptar os procesos e principios de InnerSource, as organizacións conseguen:

  • Unha xestión eficaz dos recursos, cunha mellor reutilización do código e do coñecemento e un mellor reparto dos costes entre as distintas unidades empresariais.

  • Innovacións ou melloras tecnolóxicas máis rápidas, xa que o código se desenvolve de forma colaborativa e transparente por medio das contribucións recibidas das distintas áreas da empresa interesadas.

  • Un equipo de traballo apoderado e máis comprometido, ao permitirlles formar parta da folla de ruta de desenvolvemento da compañía.

  • Maior innovación interna, que permite ao persoal propor novas ideas baseadas na tecnoloxía e coñecementos da empresa.

Pero calquera proxecto, incluso os de software libre, necesitará un marco de traballo que poida axudar ao persoal a definir ou dar resposta aos seguintes aspectos:

  • Políticas claras de contribución e para a xestión da meritocracia (ou factocracia).

  • Ferramentas e canles de comunicación.

  • Unha cultura comunitaria.

  • Quen asume os gastos?

  • Métricas e KPI.

Vexamos pois o marco de traballo de InnerSource.

Gobernación

O dicionario define a gobernación como:

O establecemento de políticas e a supervisión continua da súa correcta aplicación polos membros do órgano de goberno dunha organización. Inclúe os mecanismos necesarios para equilibrar os poderes dos membros (coa responsabilidade asociada) e o seu deber primordial de aumentar a prosperidade e viabilidade da organización.

Para o software libre, a gobernación descríbese no documento «modelo de gobernación» de :

O modelo de gobernación describe os roles que poden asumir os/as participantes dun proxecto e o proceso de toma de decisións dentro do mesmo. Ademais, a gobernación describe as regras básicas para a participación no proxecto e os procesos para a comunicación e o intercambio entre o equipo e a comunidade.

Xeralmente, o modelo de gobernación é un documento escrito que contén:

  • As metas do proxecto.

  • A definición de infraestruturas de traballo, xestión e colaboración.

  • A definición dos roles e responsabilidades.

  • Os mecanismos de soporte na comunidade.

  • A descrición das políticas do proceso de toma de decisións.

  • A descrición das políticas do proceso de contribución.

  • A descrición das políticas e mecanismos de seguimento.

Infraestrutura técnica

Por infraestrutura referímonos ás ferramentas empregadas polo equipo de desenvolvemento no seu traballo diario en InnerSource. Con frecuencia, estas ferramentas inclúen:

  • Sistemas de xestión de código fonte.

  • Sistemas de seguimento de incidencias ou tarefas.

  • Listaxes de correo e foros de «preguntas e respostas».

  • Ferramentas de chat ou de mensaxería instantánea.

  • Sistemas de integración continua.

  • Sistemas de xestión de documentación e coñecemento (wikis).

A colaboración como cambio cultural

Crear unha comunidade comprometida é un dos puntos chave para o éxito e sostibilidade dos proxectos de software libre. O mesmo principio aplícase aos proxectos de InnerSource.

A xestión da comunidade é diferente á xestión tradicional de equipos de desenvolvemento, polo que os/as xestores/as de proxectos deben adaptar as súas habilidades ao novo escenario.

As comunidades de software libre son organizacións pouco xerarquizadas, nas que o liderado adoita ser máis importante que a estrutura de poder. As empresas que adoptan InnerSource necesitarán adaptar a súa estrutura organizativa na mesma dirección.

Financiamento

Nun escenario InnerSource perfecto, e baseándonos na cita de David Pink, vostede debería pagar o suficiente ao seu persoal como «para que o diñeiro non fose un tema de conversación na mesa».

Pero non adoitamos vivir en mundos perfectos e hai varios escenarios nos que o financiamento será fundamental para os proxectos de InnerSource:

  • Nos pagos en diferentes rexións xeográficas.

  • Cando hai traballadores/as que combinan o traballo de proxectos InnerSource con outros que non o son.

  • Nos costes compartidos entre diferentes unidades de negocio cun presuposto propio.

  • Proxectos desenvolvidos por unha combinación de persoal da empresa e subcontratado.

De novo, o software libre proporciona algúns exemplos de como obter financiamento para os seus proxectos e organizacións como Linux Foundation, Apache Software Foundation etc.; as cales, se trasladamos os seus principios «fundacionais» ás nosas compañías, poderían servirnos de referencia.

Medición de procesos

Por último, pero non menos importante, se falamos de xestión, a medición convértese nunha habilidade básica para nós. Máis aló de recompilar datos, os cargos superiores necesitan entender os obxectivos da organización e como empregar os datos recollidos para chegar a alcanzalos. Tamén cómpre coidar a forma de compartir eses datos cos equipos e o que queren conseguir.

«Recompilar datos é só o primeiro paso cara a sabedoría, pero compartir datos é o primeiro paso cara a comunidade.». Henry Lewis Gates (Profesor da Universidade de Harvard).

A medición aberta pode ser moi vantaxosa para a nosa comunidade InnerSource:

  • Conciencia; permítenos entender quen somos, que estamos a facer etc.

  • Control da gobernación, posta en marcha das políticas de seguimento.

  • Transparencia para xerar confianza externa, como para garantir a equidade na nosa comunidade InnerSource.

Last updated